viernes, octubre 20, 2006

O meu País

Agora cantaa Sara con Luar na Lubre pero xa a cantaba antes Miro Casavella con Voces Ceibes, e o outro día escoiteilla cantar a él nunha homenaxe a Mini e Mero, puxome os pelos de punta e aquí queda como a miña homenaxe personal a eses tres homes que tanto teñen loitado pola nosa cultura. Gracias.
O meu país, é verde e neboento
é saudoso i antergo, é unha xente i un chan.
O meu país, labrego e mariñeiro,
é un recuncho sin tempo, que durme, nugallán
Que quece na lareira, aló na carballeira
bota a rir.
É unha folla no vento, alento e desalento,
o meu país.
O meu país, tecendo a súa historia,
muiñeira e corredoira, acocha a súa verdá.
O meu país, saúda ao mar aberto,
escoita o barlovento, e ponse a camiñar.
Cara metas sin nome, van ringleiras de homes
e sin fin.
Tristes eidos de algures, vieiros pra ningures,
o meu país.
O meu país, nas noites de invernía
dibuxa a súa agonía, nun vello e nun rapaz.
O meu país, de lenda e maruxías
agarda novos días, marchando de vagar.
Polas corgas i herdanzas
nasce e morre unha espranza, no porvir.
É unha folla no vento, alento e desalento,
o meu país.